Todos os xoves aproveitamos a aula de informática para poder practicar na nosa Aula Virtual e de paso tamén sacamos un rato para probar algún xogo. Nesta ocasión era un xogo relacionado co Samaín que consistía en ir resolvendo problemas matemáticos, adiviñas, etc... para poder conseguir as letras necesarias para formar unha palabra segreda.
Blog d@s nen@s de 4º do CEIP Plurilingüe de Guillarei. Aquí atoparedes novidades do día a día na nosa clase. Agardamos que vos guste o noso recuncho!
mércores, 28 de outubro de 2020
venres, 16 de outubro de 2020
BENVIDO, OUTONO
Este mes mudamos de estación, o outono chegou para quedar con nós durante unha tempada.
Para celebrar a súa chegada, e aproveitando bo tempo, decidimos saír a coller unhas poucas follas para poder realizar posteriormente algunha actividade coas mesmas.
Buscamos follas coas típicas cores do outono: laranxa, amarelo, marrón, vermello, verde...
Pasamos un rato moi divertido buscando os mellores exemplares.
xoves, 15 de outubro de 2020
RECREOS RENOVADOS
Co novo curso chegaron as quendas de recreo e as adaptacións á actual situación que vivimos coa COVID-19.
A pesar de todo non deixamos de reinventarnos e adaptarnos á perfección a esta nova situación. Recuperamos xogos esquecidos, cantamos, bailamos... a cuestión é divertirnos e iso sempre o conseguimos! A continuación deixamos unha pequena mostra 😉
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)