martes, 8 de decembro de 2020

DÍA DAS PERSOAS CON disCAPACIDADE

Hoxe celebramos o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE,    por tal motivo, e sumándonos á iniciativa lanzada por diferentes entidades, BAIXO O MESMO PARAUGAS. 




Tamén intentamos poñernos na pel desas persoas que, cada día, teñen que superar mil obstáculos invisibles aos nosos ollos. Deste xeito conseguimos "sentir" por un instante o que sinten cada día. Algunhas das nosas sensacións foron: o agobio e a inseguridade. 












mércores, 4 de novembro de 2020

ALIMENTACIÓN

A alimentación é fundamental para poder crecer e coidar o noso corpo. Por iso estamos coñecendo máis a fondo que nutrientes nos aportan os diferentes alimentos. 

Graxas, hidratos de carbono, proteína, vitaminas e sales minerais... todos son importantes na súa correcta medida.

domingo, 1 de novembro de 2020

FELIZ SAMAÍN

Este venres clebramos Samaín/Halloween. Para tal evento viñemos ao cole coas nosas vestimentas máis terroríficas, merendamos un menú monstruoso e para rematar vimos a película Hotel Transilvania.

mércores, 28 de outubro de 2020

AULA VIRTUAL E XOGOS DE SAMAÍN


Todos os xoves aproveitamos a aula de informática para poder practicar na nosa Aula Virtual e de paso tamén sacamos un rato para probar algún xogo. Nesta ocasión era un xogo relacionado co Samaín que consistía en ir resolvendo problemas matemáticos, adiviñas, etc... para poder conseguir as letras necesarias para formar unha palabra segreda. 



venres, 16 de outubro de 2020

BENVIDO, OUTONO

Este mes mudamos de estación, o outono chegou para quedar con nós durante unha tempada. 

Para celebrar a súa chegada, e aproveitando  bo tempo, decidimos saír a coller unhas poucas follas para poder realizar posteriormente algunha actividade coas mesmas. 

Buscamos follas coas típicas cores do outono: laranxa, amarelo, marrón, vermello, verde...

Pasamos un rato moi divertido buscando os mellores exemplares. 












xoves, 15 de outubro de 2020

RECREOS RENOVADOS

Co novo curso chegaron as quendas de recreo e as adaptacións á actual situación que vivimos coa COVID-19. 
A pesar de todo non deixamos de reinventarnos e adaptarnos á perfección a esta nova situación. Recuperamos xogos esquecidos, cantamos, bailamos... a cuestión é divertirnos e iso sempre o conseguimos! A continuación deixamos unha pequena mostra 😉






 

xoves, 24 de setembro de 2020

Xa coñecemos os diferentes estados da auga, pero aquí vos deixamos un resumo interesante que atopamos.


Tamén estivemos aprendendo como "viaxa" a auga. Resulta que realiza unha viaxe dende o mar, oceáno, río ou lago transformándose en nube, caendo en forma de choiva, neve ou sarabia para logo volver ao punto de partida a través dos ríos ou canles subterráneas. A esta "viaxe" chamámoslle CICLO DA AUGA.



Para finalizar os nosos compañeiro/as pasaron a ser profes e explicaronlle aos demáis o que aprenderon.





mércores, 16 de setembro de 2020

A AUGA

Este curso comezaremos coñecendo algunhas curiosidades e propiedades dun elemento tan importante como é a auga. Un ben moi preciado e que debemos coidar, pois é de vital importancia. 

Compartimos con vós as nosas portadas para dar comezo ao tema.








BENVIDOS!!

Hoxe as nenas e nenos de 3º de Primaria do cole de Guillarei queremos darvos a benvida ao noso pequeno recuncho.


Neste noso espazo subiremos traballos e recursos de interese para que poidades ver o ben que traballamos.


Agardamos que vos guste o noso blog!